Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa

2016/17

Fundación Endesa convoca a estudantes e centros docentes de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio aos Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa 2016/17 cos obxectivos, entre outros, de identificar actitudes innovadoras e comprometidas coa conservación da natureza e o medio ambiente e espertar o interese social polo medio ambiente a través dos centros educativos.

Establécense tres categorías:

Nas categorías 1 e 2 os proxectos deberán ser desenvolvidos por un mínimo de 3 alumnos e un máximo de 30, pertencentes aos niveis de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio, co apoio de, polo menos, un profesor do centro. Á categoría 3 poderán presentarse proxectos integrais que involucren o centro educativo no seu conxunto.

O prazo de inscrición para a 1ª fase remata o 28 de febreiro de 2017.

BASES

Máis información