Premio Narrativa breve Repsol

XI edición

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Fundación Repsol convocan o Premio de Narrativa Breve 2017 co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega, promovendo e apoiando a súa incorporación desde as diferentes iniciativas do sector empresarial, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística.

Os textos deberán ser orixinais e escritos en lingua galega, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, inéditos e cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. Poderán optar a este premio todos os autores e autoras, agás a persoa gañadora da edición anterior.

O prazo de presentación das obras remata o vindeiro 24 de xullo de 2017.

BASES

 

 

Palabras clave: