Premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

EGAP 2017

Co gallo do Día das Letras Galegas e de render homenaxe á figura de Carlos Casares, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca un premio de literatura infantil dirixido ás nenas e aos nenos galegos das seguintes idades, distribuídos en dúas categorías:

- de 9 a 11 anos

- de 12 a 14 anos

As nenas e os nenos interesados en participar no concurso deberán redactar un conto en lingua galega de temática libre, de acordo co establecido na base terceira da convocatoria publicada no DOG do 16 de maio de 2017.

O prazo de presentación dos relatos abrangue desde o 17 de maio ata o 16 de xuño de 2017.

Máis información


 

Palabras clave: