Premio Acción Magistral 2017

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA convocan estes premios para proxectos educativos que promovan entre o alumnado a transmisión de valores sociais (solidariedade, tolerancia, respecto, xusticia, igualdade etc.). Poden presentarse docentes de educación infantil, primaria, secundaria e educación especial que desenvolveran ou estean desenvolvendo durante o curso escolar 2016/17 proxectos educativos no ámbito da Educación en Valores.

Establécense dúas categorías:

  • Categoría A (0 a 12 anos)
  • Categoría B (12 a 18 anos)

O prazo de presentación de proxectos amplíase ata o 7 de xuño.

Bases da convocatoria