Olimpíada Galega de Química

XXXIV edición

A Asociación de Químicos de Galicia-ANQUE, coa colaboración do Colexio Oficial de Químicos de Galicia organiza, o 17 de marzo de 2017, nas sedes da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo a edición XXXIV desta Olimpíada. O  evento vai dirixido ao alumnado de calquera centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia matriculado, durante o curso 2016/17, no Bacharelato e que non teña cumpridos dezanove anos o 1 de outubro de 2017.

As probas, cuxo contido versará sobre aqueles aspectos da Química que estean recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, conterán tanto cuestións tipo test como problemas e interpretación dun suposto práctico de laboratorio.

Os diplomas aos gañadores entregaranse, pola entidade organizadora, nun acto público e as persoas docentes-preparadoras dos centros docentes públicos obterán un certificado de innovación educativa por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia.

Toda a información

Palabras clave: