III Concurso de microrrelatos

Prensa-Escola

Por terceiro ano consecutivo, ponse en marcha esta iniciativa na que os participantes deben seleccionar unha noticia de www.lavozdegalicia.es e, inspirándose nela, escribir un microrrelato de non máis de 800 caracteres. Trátase de partir da realidade para chegar á ficción.
O certame está aberto a todos os alumnos de 5.º e 6.º de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional de todos os centros de Galicia, participen ou non no programa Prensa-Escola. Os textos, un máximo de tres por autor, poderanse presentar a partir do luns 6 de marzo, cando comeza a Semana da Prensa.

O concurso desenvolverase a través da páxina en Facebook de Prensa-Escola (facebook/programaprensaescuela). Unha vez elaborado o texto, tan só hai que presentalo mediante un formulario que se atopará na pestana Concurso de Microrrelatos desta páxina. O prazo de presentación estará abierto do 6 ao 16 de marzo.

Máis información