I concurso de boas prácticas de educación e videoxogos na aula

Barcelona Games World, a feira nacional máis importante dedicada ao videoxogo, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF) e tendas GAME, convocan a primeira edición do seu concurso de boas prácticas de educación e videoxogos na aula, no que poderán participar as experiencias levadas a cabo durante o curso 2016/17 en centros educativos, tanto públicos como privados, do Estado Español.

Os obxectivos do concurso son os seguintes:

- Dar a coñecer as prácticas educativas relacionadas co videoxogo que se están levando a cabo na actualidade, no ámbito educativo.

- Evidenciar a importancia do uso do videoxogo non só como elemento de motivación senón de mellora da práctica educativa.

- Xerar un repositorio de boas prácticas en innovación educativa que poida servir para que o profesorado en xeral poida compartir o seu traballo de forma máis eficaz e eficiente.

- Recoñecer o esforzo, a innovación e o empeño dos docentes pola continua mellora educativa.

Poderán participar os docentes, a nivel persoal ou colectivo, equipos directivos, de Orientación e as ANPAS de centros públicos, nas seguintes categorías:

A. Centros de Educación Infantil, Primaria, E. Especial e aulas específicas de EE.

B. Centros de Educación Secundaria, Formación Profesional, Bacharelato, Centros de Formación de Adultos e Escolas de Idiomas/Escolas de Arte

As boas prácticas que se presenten ao concurso deberán contemplar, polo menos, algún dos seguintes aspectos:

  • Creatividade e innovación educativa a partir do uso de videoxogos.
  • Fomento do traballo en equipo.
  • O valor pedagóxico da cultura do esforzo e a excelencia no traballo.
  • A inclusión de todo tipo de alumnado.

Toda a información

Palabras clave: