Estancias profesionais en Europa

Profesorado que imparte linguas estranxeiras

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 100 prazas de estancias profesionais en Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República de Irlanda e Suíza, para profesorado de linguas estranxeiras ou profesorado doutras disciplinas que imparta clase en lingua estranxeira. Os beneficiarios poderán ser funcionarios/as de carreira do corpo  de Mestres de Educación Infantil e Primaria, Profesores de Ensino Secundario, Catedráticos de Ensino Secundario, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Música e Artes Escénicas e Profesores de Artes Plásticas e Deseño.

Os/as candidatos/as seleccionados/as recibirán unha axuda de mil trescentos euros (1.300,00 €) para os seus gastos de transporte, aloxamento e manutención.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto no BOE (venres 10 de marzo de 2017).

Acceso ao BOE