eduMOTIVAcon

Convocatoria 2016/17

EduMotivacon ten como obxectivo ofrecer aos centros de ensino non universitario galegos experiencias de personalidades de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade, o pensamento crítico e o traballo en equipo.

Os destinatarios deste programa son os centros docentes de ensino non universitario públicos e concertados. O proxecto dispón dunha plataforma web para dar soporte a toda a información, as experiencias dispoñibles, as que se desenvolven nos centros, as solicitudes e a participación nas redes sociais.

O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2017.

Toda a información aquí

Palabras clave: