Educación Responsable 2017

Programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou a convocatoria para a selección de centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que desexen participar neste programa no curso 2017/18. Educación Responsable é un programa educativo, en colaboración coa Fundación Botín, que ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.

Dirixido ao alumnado con idades comprendidas entre 3 e 16 anos, trátase dun proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 25 de maio de 2017. Para máis información dirixirse ao Centro de Formación e Recursos correspondente.

Acceso á convocatoria