Curtas para Rosalía

Certame de curtametraxes

O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración  do Concello da Coruña, co convencemento de que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

  • Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.
  • Obras cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

Nesta VII edición, conscientes que o mundo do ensino se está a vencellar cada vez máis con este certame, establécense dúas categorías, unha delas especificamente para curtas elaboradas por centros de ensino.

Toda a información nesta ligazón

 

Palabras clave: