Cursos de formación en rede

2017

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca prazas para a realización de cursos de formación en rede para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis anteriores ao universitario, e cursos de formación e actualización de competencias directivas sobre o desenvolvemento da función directiva para o ano 2017.

Os beneficiarios son os seguintes:

  • Para os cursos de formación permanente do profesorado: docentes, asesores de formación, asesores técnico-docentes, membros dos departamentos de orientación e de equipos de orientación ou de atención temperá dos centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinos regulados na LOE. Tamén poderán optar os docentes e asesores técnico-docentes que participen nos programas do MECD no exterior.
  • Para os cursos de formación e de actualización de competencias directivas sobre o desenvolvemento da función directiva: todos os funcionarios que impartan os ensinos regulados na LOE en centros docentes públicos.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará, para a segunda edición, o 9 de maio de 2017.

Extracto da Resolución

 

Palabras clave: