Concurso Unha Constitución para todos

A Secretaría de Estado de Educación, Formación  Profesional  e  Universidades convoca  o Concurso Nacional «Unha Constitución para todos» correspondente ao ano 2017. O obxecto destes premios é o recoñecemento aos centros docentes españois que impartan ensinos non universitarios do sistema educativo cuxo alumnado desenvolva traballos sobre a Constitución Española. Trátase de estimular e promover nel a reflexión acerca do valor e a importancia da nosa Constitución.

Poderanse presentar traballos, ata un máximo de tres por centro, atendendo ás seguintes modalidades:

  • Modalidade A:  1.º a 3.º de Educación Primaria.
  • Modalidade B:  4.º a 6.º de Educación Primaria.
  • Modalidade C:  Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
  • Modalidade D:  Bacharelato, Formación Profesional de Grao Medio e Formación Profesional de Grao Superior.

O prazo de presentación remata o 10 de outubro de 2017.

Máis información

Palabras clave: