Concurso "Os sons da miña contorna"

Día internacional de concienciación sobre o ruído 2017

Con motivo do Día internacional de concienciación sobre o ruído 2017, que se celebra cada ano o último mércores do mes de abril, a Asociación Europea de Acústica (EAA) convoca este concurso dirixido ao alumnado de centros de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato co obxectivo de sensibilizalo sobre os sons e os ruídos que caracterizan as paisaxes sonoras e tomar conciencia das molestias e efectos producidos pola exposición ao ruído.

Establécense dúas categorías:

- Centros de ensino primario: debuxos feitos a man, imaxes, patchworks, colaxes, etc., en tamaño A4, relacionados cos sons e o ruído que sexan característicos da contorna onde viven.

- Institutos de ensino secundario: ficheiro de audio (formato MP3, máximo 30 segundos) ou de audio/vídeo (formato MP4 ou AVI, máximo 60 segundos) relacionados cos sons e o ruído que sexan característicos da contorna onde viven.

O prazo de participación remata o 30 de marzo de 2017.

Toda a información nesta ligazón

 

Palabras clave: