Concurso literario Mazarelos

3ª edición

Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a nosa literatura son os obxectivos que guían á Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por terceira vez este concurso literario. O certame conta co apoio técnico do SNL da USC e o económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O concurso está aberto á participación de todo o alumnado da USC, que pode participar cunha obra de calquera xénero literario e calquera tema, orixinal e escrito en lingua galega. Establécense tres premios de 500, 250 e 150 euros máis diploma, a concesión dos cales recaerá nun xurado composto por cinco membros: tres docentes da Facultade e dous escritores/as sen relación actual co centro.

O prazo para a presentación de orixinais rematará o venres 29 de setembro de 2017 ás 14.00h.

BASES

 

Palabras clave: