Concurso Balbino de relatos

2ª edición

A segunda edición do Concurso Balbino de relatos impúlsaa Técnicas & Gramaxes co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra. Ten como obxectivo promover o uso da lingua e da literatura galegas e apoiar os escritores e escritoras novos ou xa consagrados.

Poderán presentarse a el textos orixinais, propios e inéditos (relatos ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego ata o vindeiro 30 de xuño e concorrerán a un premio único de 1.500 euros e mais á publicación da obra por Edicións Fervenza.

Palabras clave: