Booktrailer

Film Festival

O Booktrailer Filme Festival é un certame que pecha un proxecto que xa pasou por Italia (Mazase do Valo) e Inglaterra (Plymouth), e que está enmarcado no proxecto Booktrailers and Videostorytelling: How to teach and learn reading appreciation.

Os seus destinatarios son os alumnos de primaria e secundaria de centros escolares de toda Europa menores de 17 anos, e institucións públicas e privadas, asociacións, universidades, produtoras audiovisuais, realizadores afeccionados e profesionais e outros creadores interesados.

Desenvolver os coñecementos e habilidades dos profesores no campo da tecnoloxía, promover a introdución de novas ferramentas e metodoloxías de aprendizaxe nos centros, así como fomentar a cooperación, e afrontar o desafío da información dixital son algúns dos obxectivos desta iniciativa.

Esta edición celebrarase do 20 ao 22 de setembro de 2017. Os días 20 e 21 as actividades desenvolveranse no auditorio de Cerceda e o día 22 terán lugar nas instalacións da Universidade de Santiago de Compostela varios obradoiros, unha conferencia e a gala final de entrega de premios.

Web do Festival