Bolsas de Posgrao no estranxeiro

Edición 2017

A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 28º edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro. A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos de mestrado con dedicación a tempo completo.

Os obxectivos do programa son:

  • facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística.
  • proporcionar experiencias vitais nunha contorna internacional e multicultural.
  • contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais.

Cada unha destas bolsas ten unha duración dun ano académico, pero este podería prorrogarse un ano máis. A dotación económica coa que está dotada cada unha é de 50.000 euros ao ano.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 15 de febreiro de 2017.

Toda a información nesta ligazón.

Palabras clave: