Bolsas da Fundación Amancio Ortega

Curso 2018/19

O programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a mozas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Con ese motivo convoca 500 bolsas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois (das cales 80 son de centros de Galicia), para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2018/19.

O prazo de inscricións está aberto desde o 2 de outubro ata o 20 de outubro do 2017 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular).

Máis información

Palabras clave: