Becas Fundación Amancio Ortega

Curso 2017/18

O Programa de Formación para Profesores da Fundación Amancio Ortega convoca 50 prazas de formación internacional dirixidas a titulados das edicións 2015/16 ou 2016/17 do Mestrado Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas de universidades españolas.
O programa ofrece un curso específico de formación en Canadá, durante un ano académico, en colaboración co distrito escolar de Ottawa-Carleton, Ontario. Ao longo dun ano académico, os participantes seleccionados recibirán formación específica sobre metodoloxías educativas de aplicación transversal e sistemas educativos innovadores. Tras o primeiro período de formación, os integrantes do programa realizarán un período de prácticas profesionais, incorporándose á rede pública de institutos canadenses como profesores visitantes.
O período de envío de solicitudes da convocatoria 2017/18 estará aberto desde o 29 de maio ao 10 de xullo de 2017, hora de apertura e peche: 13.00 horas.

Máis información

Bases
 

Palabras clave: