Afundación

Actividades escolares 2017/18

Afundación (Fundación Galicia Obra Social) presenta a oferta de actividades para escolares para o curso 2017/18. O obxectivo da programación é fomentar o interese dos máis novos pola cultura, a historia ou a natureza desde unha perspectiva diferente e favorecer o seu desenvolvemento na súa transición cara a idade adulta. Ademais, as actividades que os alumnos realizan fóra das aulas complementan e enriquecen a súa educación, brindándolles a oportunidade de compartir, aprender e madurar.

A oferta inclúe actividades de artes escénicas, obradoiros e visitas comentadas ás exposicións e ao Centro de Educación Ambiental Naturnova. Ademais, dentro da oferta deseñada, incorpórase o novo programa de educación interxeracional «Fálame da emigración», que permite aos estudantes achegarse a un período significativo da nosa historia da man dos seus protagonistas, persoas maiores voluntarias de once centros de Afundación.

O prazo de reservas para as artes escénicas remata o día 1 de outubro de 2017.

Acceso á oferta completa.

Máis información

Palabras clave: