XII Olimpíada de Bioloxía

Fase autonómica galega

A Asociación Española Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a fase autonómica galega da XII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio, entre outros, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
Poderán participar nesta fase todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de bacharelato durante o curso 2016/17, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade, e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados. A participación como alumno/a de 1º curso de bacharelato na pasada edición exclúe a participación como alumno/a de 2º.
O prazo para cubrir a solicitude vai do 17 de outubro ata o 17 de novembro de 2016.
A Fase Galega celebrarase o 13 de xaneiro de 2017 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Acceso ás BASES
 

Palabras clave: