Tíralle da lingua

Concurso de relato oral

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o XVI Concurso de Relato oral “Tíralle da Lingua” co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias. Os participantes poderán contar historias en galego, de base popular, de base literaria ou de creación propia. A participación poderá ser individual ou en grupo, e haberá tres categorías: alumnado de primaria, alumnado do 1º ciclo de ESO e alumnado do 2º ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 7 de abril de 2016. A fase final do concurso celebrarase o 13 de abril no Teatro Principal de Santiago.

Toda a información nas BASES DO CONCURSO

Palabras clave: