Programa Lanzadeiras

Curso 2016/17

O programa Lanzadeiras desenvólvese dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa para promover o espírito emprendedor, empezando polas idades máis temperás, así como para favorecer o desenvolvemento das calidades persoais tales como a creatividade, a iniciativa, a responsabilidade, a asunción de riscos e a autonomía persoal.

Os destinatarios son os alumnos de 6º de educación primaria, de 1º a 4º de ESO, bacharelato e FP de centros educativos sostidos con fondos públicos das provincias da Coruña e Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria remata o 14 de novembro de 2016. Toda a información nas seguintes ligazóns:

Plan Lanzadeiras A Coruña

Plan Lanzadeiras Lugo

Palabras clave: