Programa de Expertos Nacionais en Formación Profesional

1ª edición 2017

A Comisión Europea convoca esta 1ª edición do Programa de Expertos Nacionais en Formación Profesional que se desenvolverá a partir do 1 e o 16 de marzo do 2017 cunha duración de 3 a 5 meses.

Os requisitos para participar son os seguintes:

  • Ser empregado público dunha Administración Pública nacional, autonómica ou local ou dunha organización intergovernamental antes ou durante o destacamento como ENFP.
  • Non terse beneficiado de calquera tipo de contrato, emprego ou prácticas das Institucións da Unión Europea.
  • Pertencer a un grupo ou categoría profesional que requira estar en posesión dun título universitario.
  • Coñecemento satisfactorio de inglés ou francés, na medida que permita o desenvolvemento das funcións en ditas linguas. Os/As candidatos/as terán en conta que o aproveitamento das prácticas está condicionado ao dominio destas linguas.

O número de prazas ofertadas é de 13 e a data para a presentación das solicitudes remata o 25 de setembro de 2016, incluído.

Máis información na páxina web da Representación Permanente

Palabras clave: