Premios Estratexia NAOS 2016

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición convoca a edición 2016 destes premios co fin recoñecer e divulgar aqueles programas ou proxectos que fomenten unha alimentación saudable e a práctica de actividade física. Trátase dunha convocatoria aberta a todos os interesados, realizando unha proposta co fin de fomentar hábitos saudables nos ámbitos familiar, comunitario, escolar, laboral, sanitario ou empresarial.

A concesión destes premios inclúese no marco da Estratexia NAOS que, desde o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, pretende impulsar as iniciativas que entre os seus obxectivos básicos impulsen a prevención da obesidade e outras enfermidades crónicas derivadas, a través dunha alimentación saudable e a práctica regular de actividade física.

O prazo de presentación das candidaturas terá como data límite o 21 de decembro de 2016.

Máis información