Premio Acción Magistral 2016

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA convocan estes premios para proxectos educativos que promovan entre o alumnado a transmisión de valores sociais (solidariedade, tolerancia, respecto, xusticia, igualdade etc.). Poden presentarse docentes de educación infantil, primaria, secundaria e educación especial que desenvolveran ou estean desenvolvendo durante o curso escolar 2015/16 proxectos educativos no ámbito da Educación en Valores.

Establécense tres categorías:

  • Categoría A (0 a 12 anos)
  • Categoría B (12 a 18 anos)
  • Categoría Especial “Proxectos en Rede” (0 a 18 anos)

O prazo de presentación de proxectos remata o 29 de abril.

Máis información