O Mundo nas mans

Cartografía escolar dos séculos XIX e XX

Con motivo do centenario da edición do libro de José Mª Crespo Rodríguez Nociones de Geografía de Galicia, considerado o primeiro manual de Xeografía dedicado a Galicia, e do bicentenario dos exercicios preliminares iniciados por Domingo Fontán para a confección da súa Carta Geométrica de Galicia, o Mupega mostra, desde o día 5 de febreiro ata o mes de decembro, a nova exposición adicada á cartografía escolar dos séculos XIX e XX. A exposición amosa, tamén, unha escolma de 73 pezas relacionadas coa Cartografía e as disciplinas que a empregaban como medio didáctico.

Ademais, O mundo nas mans vai acompañado dun programa de actividades didácticas dirixidas aos centros que queiran descubrir o Mupega desde outra dimensión, a través da súa exposición temporal. Estas actividades están pensadas para axudar aos rapaces e rapazas a coñecer os mapas e os principios da Cartografía a través das actividades lúdicas e dos obradoiros que están programados e adaptados para todas as etapas educativas.

Toda a información e os materiais nesta LIGAZÓN

Palabras clave: