III concurso Proyecta Innovación

A Plataforma Proyecta, desenvolvida pola Fundación Amancio Ortega Gaona e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, convoca o III Concurso Proyecta-Innovación Educativa do curso 2015/16, co obxectivo de identificar e facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TIC en centros escolares galegos, promovendo a renovación dos métodos de traballo que se utilizan actualmente nas aulas de ensino preuniversitario.

A participación está aberta a docentes de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato ou formación profesional de calquera centro escolar de Galicia. Poderase facer individualmente ou nun grupo de profesores, así como incluír os alumnos no deseño e a execución dos proxectos.

O prazo de inscricións de proxectos remata o día 7 de abril de 2016.

BASES

MÁIS INFORMACIÓN