Galiciencia 2016

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, patrocinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia de San Cibrao das Viñas (Ourense) - Tecnópole durante os días 16, 17, e 18 de novembro de 2016.

O obxectivo da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentados por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores/as. Ademais organízanse actividades paralelas, como obradoiros e espectáculos, relacionadas este ano 2016 coas matemáticas.

Toda a información AQUÍ