GaliciaSkills 2016

IV Campionato Galego de Formación Profesional

Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2016 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na comunidade autónoma.
Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de 17 competicións relacionadas coas especialidades da formación profesional, nas que o alumnado participante mide as súas destrezas e demostra as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
O evento celebrarase no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda (Pontevedra), os próximos 30 de novembro e 1 e 2 de decembro. Os gañadores en cada unha das 17 especialidades pasarán a formar parte do equipo de alumnos e alumnas que representarán a Galicia no campionato nacional Spainskills, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017.
Con esta iniciativa, preténdese poñer en valor o traballo dos centros, do profesorado e do alumnado de FP, tendo en conta que se trata dunha modalidade de formación cada vez máis especializada, vinculada ás necesidades da sociedade e dos sectores produtivos e que aposta polo emprendemento e innovación como ferramentas para favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas.

 

Palabras clave: