Exposición "Centenario Escolas Labaca"

Esta exposición conmemora o primeiro centenario das Escolas Labaca na cidade da Coruña (1915-2015). A exposición, que se apoia nunha liña do tempo, dá conta, por períodos, dos principais cambios urbanos, á vez que recolle imaxes da cidade e a súa xente, buscando dar unha idea da realidade da Coruña en cada momento que permita, a maiores e pequenos, construír unha imaxe nítida de cada decenio.

Preséntase tamén un estudo sobre a orixe da actual estrutura urbana e unha reseña ao edificio que acolleu a varias xeracións de coruñeses e que sufriu, ao longo destes cen anos, múltiples modificacións e ampliacións ata converterse no centro que é hoxe.

Acceso á exposición.

Máis información.

Palabras clave: