Erasmus +

Concurso fotográfico

Ata o vindeiro día 31 de outubro de 2016 está aberto o concurso fotográfico #MiErasmusPlus nas redes sociais.

O obxectivo do concurso é realizar un rexistro fotográfico das diversas experiencias de aprendizaxe vividas polos beneficiarios do programa Erasmus+ en todos os sectores educativos (Educación Escolar, Formación Profesional, Educación Superior e Educación de Persoas Adultas), xa sexa a través da participación en proxectos de Mobilidade (KA1) como en Asociacións Estratéxicas (KA2).

Erasmus+ céntrase na aprendizaxe formal e informal máis alá das fronteiras da UE, cunha clara vocación de internacionalización, abríndose a terceiros países co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para a empregabilidade  de estudantes, profesorado e traballadores en xeral.

Outorgaranse catro premios que reflictan as experiencias de mobilidade en calquera dos diferentes sectores educativos e cada un dos premios consistirá nun fantástico lote de produtos Erasmus+.

Cartel do concurso

Acceso ás BASES