Dous minutos de matemáticas en galego

Concurso Explícoche Matemáticas 2.0

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, en colaboración coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC, convocan o concurso Explícoche Matemáticas 2.0 que, na súa V edición, formula o reto de elaborar curtametraxes cunha duración máxima de dous minutos nas que se explique en galego un concepto matemático. O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas.

O certame vai dirixido a alumnado universitario, de 3º e 4º de ESO e de bacharelato de toda Galicia.

Os proxectos deberán remitirse antes do 22 de abril de 2016.

Toda a información nesta ligazón