Con-Fío en Galicia

Actividades didácticas

A Cidade da Cultura de Galicia convida á comunidade escolar a descubrir a Historia de Galicia a través da moda e abordar a súa vertente sociolóxica e antropolóxica por medio de visitas didácticas á exposición Con-Fío en Galicia, a nova mostra do Museo Centro Gaiás, aberta desde o 11 de marzo ata o 11 de setembro de 2016. Trátase dunha ferramenta excepcional para se achegar a todas as funcións históricas e sociais do vestido desde unha perspectiva galega.

As visitas didácticas para escolares teñen como obxectivos: 

  • Achegarse á historia e á cultura de Galicia desde a dimensión do téxtil. 
  • Valorar a moda como fenómeno característico das sociedades humanas.
  • Coñecer a evolución histórica do vestido en Galicia.
  • Entender o proceso de integración/diferenciación social a través da roupa.
  • Reflexionar criticamente sobre o papel da moda na sociedade do presente.
  • Debater sobre a influencia da moda na nosa vida cotiá.

As actividades educativas divídense en dúas partes: unha visita didáctica á exposición, seguindo un percorrido discursivo adaptado aos diferentes niveis educativos; e unha actividade complementaria específica que permita fixar os principais conceptos e a participación activa do alumnado no discurso da exposición.

Información e reservas: visitasdidacticas@cidadedacultura.org

Máis información nos documentos adxuntos.

Palabras clave: