Cervantes nas bibliotecas do MECD

Con motivo do IV Centenario da morte de Cervantes, a Subdirección xeral de Documentación e Publicacións do MECD editou un portal co propósito de dar a maior difusión posible e poñer ao alcance dos cidadáns as publicacións que sobre Cervantes e a súa obra editou este Ministerio, así como os fondos cervantinos que albergan as coleccións bibliográficas das súas bibliotecas. Quérese contribuír desta forma á mellor homenaxe que se pode facer a un escritor: coñecer a súa vida e a súa obra, facilitando para iso o acceso ás edicións dos seus libros e aos estudos que os especialistas poden ofrecernos.