ATS2020

Proxecto europeo Assessment of Transversal Skills

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria seleccionará 35 centros educativos co obxecto de realizar unha pilotaxe, durante o curso 2016/17, do proxecto europeo ATS2020. Este ten por meta estudar o grao de integración real das competencias clave dentro do currículo do ensino primario e secundario en 250 centros educativos de toda Europa.

Os centros docentes participarán no proxecto coa implicación de dous profesores/as de calquera materia que impartan no mesmo nivel. A idade do alumnado deberá estar comprendida entre os 10 e os 15 anos de idade.

A data límite para a inscrición dos centros participantes é o 15 de setembro de 2016.

Acceso á convocatoria