Actividades Save the Children

Save the Children, Organización Non Gobernamental para a defensa e promoción dos dereitos da infancia, inclúe entre os seus obxectivos a realización de actividades educativas que promovan os valores de solidariedade, tolerancia e a igualdade efectiva de dereitos entre as nenas e os nenos do mundo.

Veñen desenvolvendo en centros escolares de todo o estado as actividades Quilómetros de Solidariedade e o Día do libro solidario: Marcapáxinas pola Solidariedade, cun incremento anual de participación a nivel de centros, profesorado e alumnado. Son propostas de sensibilización e de educación nos valores da solidariedade que se desenvolven ao longo do curso nos centros educativos e parten dun principio básico: a solidariedade apréndese cando se exerce.

Todos os centros educativos están invitados a participar e desenvolver estas actividades. Nas seguintes ligazóns explícase paso a paso como desenvolvelas, con que materiais e como conseguilos:

Quilómetros de Solidariedade

Marcapáxinas pola Solidariedade