XVI Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2015

Fase nacional

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca a Fase Nacional do XVI Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2015 que ten por obxecto fomentar o uso correcto da lingua española.
Poderán participar na devandita fase nacional o alumnado de centros docentes españois matriculado durante o curso 2015/2016 en segundo curso de Bacharelato.
Concederase un premio aos dous primeiros clasificados, cun importe máximo de 1000 e 500 euros respectivamente.
O concursante que resulte clasificado en primeiro lugar representará a España na fase internacional do Concurso Hispanoamericano de Ortografía, de acordo coas bases do concurso establecidas polo país organizador. No seu defecto, intervirá o concursante clasificado en segundo lugar.
O concurso desenvolverase en tres fases sucesivas:

  • Primeira fase: No centro docente.
  • Segunda fase: No ámbito da comunidade autónoma, dirección provincial do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou consellería de educación no exterior.
  • Terceira fase: Nacional.

Toda a información AQUÍ

 

Palabras clave: