Unha Constitución para todos

Concurso nacional

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o concurso nacional Unha Constitución para todos co obxecto de estimular e promover nos alumnos unha reflexión sobre o valor e a importancia da nosa Constitución. Esta convocatoria está dirixida aos centros docentes que imparten ensinos non universitarios do sistema educativo español, e presenta as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: de 1º a 3º de Educación Primaria.
  • Modalidade B: de 4º a 6º de Educación Primaria.
  • Modalidade C: Educación Secundaria Obrigatoria

Cada centro presentará un máximo dun traballo por modalidade. Os traballos serán individuais e presentaranse en castelán.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 19 de novembro.

Toda a información nesta ligazón.

Palabras clave: