Premios Francisco Giner de los Ríos

A Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os XXXI Premios Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa, dotados economicamente pola Fundación BBVA, para os traballos ou experiencias pedagóxicas de docentes ou equipos de docentes que se atopen en activo en centros educativos españois ou de titularidade mixta, que impartan os ensinos do sistema educativo español autorizados polas administracións educativas nalgunha das seguintes etapas: segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas Profesionais, Ensinanzas de Idiomas en Escolas Oficiais e Ensinanzas Deportivas.

Para optar a estes premios os participantes deberán elaborar un traballo que, sendo aplicados os seus resultados na aula, contribúa á mellora da calidade educativa.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de decembro 2015.

Toda a información nesta ligazón.