O espazo máxico

Ilustración, libros infantís e buxainas

Desde outubro 2015 a xaneiro 2016, o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) acolle unha exposición creada para conmemorar os XXV anos de vida da revista de Literatura Infantil e Xuvenil Peonza, onde aparecen elementos da literatura e o mundo das ilustracións xogando co baile das buxainas. Trátase dunha recompilación de 82 textos literarios protagonizados polo peón, acompañados cada un dunha ilustración.

Esta exposición complétase cunha colección de peóns do Mupega (buxainas, trompas, bailaretes, perinolas ...) que dá a coñecer a traxectoria que leva a buxaina nos xogos dos nenos e nenas de Galicia.

Nas visitas escolares procúrase que os escolares poidan diferenciar unhas doutras, e que eles mesmos saiban elaborar unha con elementos de refugallo. Tamén se pretende que sexan conscientes da importancia das ilustracións dos textos literarios, como un elemento do mesmo. Para iso están deseñados diferentes obradoiros segundo as idades do alumnado así como unha serie de actividades para facer na aula que se poden consultar na páxina web do Mupega.

Palabras clave: