I Olimpíada de Xeografía de Galicia

Organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia, en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, a I Olimpíada de Xeografía de Galicia persegue fomentar o interese dos alumnos por esta ciencia, que se atopa estreitamente ligada ao territorio e que nos axuda a coñecer e comprender o mundo no que vivimos, tanto o medio natural como as actividades humanas que se desenvolven nel.

Poden participar todos os alumnos matriculados en segundo curso de bacharelato que cursen a materia de Xeografía en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia. A participación é individual e pódense presentar un máximo de cinco alumnos por centro.

Os centros educativos interesados deben cubrir o impreso de inscrición que se atopa na web do Colexio de Xeógrafos de Galicia ou na do Departamento de Xeografía. Debe haber un profesor responsable dos alumnos participantes.

O prazo de inscrición finaliza o día 28 de Febreiro de 2015

Consulta as BASES