Cursos de formación en rede

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado, INTEF, oferta 22 cursos de Formación en rede convocados en dúas edicións (11 cursos na primeira edición e 11 na segunda), dirixidos ao profesorado dos centros educativos sostidos con fondos públicos de todo o territorio nacional e dos centros de niveis non universitarios destinados á acción educativa española no exterior.

Esta convocatoria ten como finalidade principal actualizar as competencias pedagóxicas e didácticas do profesorado en exercicio dos distintos ensinos regulados pola Lei Orgánica de Educación, con obxecto de poder responder adecuadamente ás demandas da sociedade actual.

De acordo coa metodoloxía desenvolvida polo INTEF para os seus cursos de formación en rede, os cursos terán unha estrutura modular organizada en bloques con contidos e actividades con datas orientativas de realización. Os alumnos deberán realizar as actividades propostas no período correspondente a cada curso.

Haberá dous prazos de presentación de solicitudes, un para cada edición dos cursos, cunha duración de quince días naturais. O primeiro prazo comezará o 15 de xaneiro de 2016  e o segundo prazo comezará o 15 de xuño de 2016. En cada edición só poderá solicitarse un dos cursos ofertados.

Toda a información nesta ligazón.

Acceso á convocatoria no BOE.

 

 

Palabras clave: