Convocatoria Erasmus+ 2016

Con data 20 de outubro de 2015 o Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a nova convocatoria Erasmus + 2016, e con data 22 de outubro unha corrección de erros da dita convocatoria. As datas de remate para a solicitude de proxectos son as seguintes:

- KA1 Mobilidade no Ámbito da Educación e a Formación: 2 de febreiro de 2016, ás 12.00 horas.

- KA2 Asociacións Estratéxicas no Ámbito da Educación, a Formación e Xuventude: 31 de marzo de 2016, ás 12.00 horas.

As principais novidades desta convocatoria son:

- Novas oportunidades en mobilidades de Formación Profesional de grao medio. Os centros poden solicitar proxectos con ou sen a Carta de Mobilidade Erasmus+ de Formación Profesional.
- Maior definición nas Asociacións Estratéxicas, cunha clara distinción entre proxectos de innovación e proxectos de apoio ás boas prácticas.
- Revisión do formato de Alianzas para o Coñecemento.
- Novas oportunidades no deporte: pequenas asociacións de colaboración.

Así mesmo, ponse especial énfase na promoción de proxectos que apoien a inclusión social, especialmente de emigrantes e refuxiados así como aqueles de prevención da radicalización.

Acceso á convocatoria e á guía 2016

Palabras clave: