Concurso Palabrasinpapel

O concurso Palabrasinpapel pretende fomentar a creación literaria entre os alumnos de Ensino Secundario de toda España utilizando como aliados as novas tecnoloxías. Grazas ao incentivo deste concurso, os teléfonos móbiles, ordenadores portátiles ou tabletas converteranse en soportes da palabra, co obxectivo de crear un vídeo poema que cumpra cos seguintes requisitos:

- un texto literario e orixinal, escrito por un dos membros do equipo. No caso de que o texto non estea escrito en español, deberá enviarse a súa tradución a este idioma.

- banda sonora orixinal ou libre de dereitos de autor

- ten que ter sido realizado no curso 2014/15

- duración máxima de 3 minutos

Período de recepción dos poemas: do 1 de outubro de 2014 ata o 13 de febreiro de 2015.

Toda a información AQUÍ

Palabras clave: