InvestigArte

InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico que busca, a través da imaxe, explicar ás novas xeracións e á sociedade en xeral o alcance das innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas a proxectos de investigación, utilizando como vehículo os medios visuais (fotografía, ilustración, vídeo, etc).
Esta iniciativa galega foi seleccionada pola Fundación Telefónica entre as cen máis eficaces para fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas. A intención desta Fundación é identificar iniciativas educativas innovadoras con resultados demostrados no ámbito do ensino das ciencias en sentido amplo.
No seu desenvolvemento cooperan o Campus de Excelencia Internacional da USC, Campus Vida; educaBarrié, a canle de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié, e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS).
Grupos de investigación, así como alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional son os destinatarios deste concurso, que xa acumula dúas edicións.
Existen 2 modalidades independentes en InvestigArte, sobre a base do perfil do autor das obras: Investigación e Educación, así como distintas categorías en cada un dos perfís.

O prazo de participación remata o 20 de xaneiro de 2015.

Accede a toda a información nesta ligazón