I Carreira Camiño das Letras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora coa primeira edición da Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva que se celebrará o domingo 18 de maio ás 10:30 horas na capital de Galicia.

Cun percorrido pola ruta xacobea desde A Lavacolla ata o Monte do Gozo, a carreira nace co obxectivo de poñer en diálogo o simbolismo do Camiño de Santiago e mais o seu atractivo cultural e turístico coa conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano a Real Academia Galega dedica ao escritor lucense Xosé María Díaz Castro.

Todos os que desexen participar nesta festa cultural e deportiva poden inscribirse AQUÍ ata o vindeiro 14 de maio ás 14 horas. A inscrición será gratuíta para as categorías de menores (alevín, infantil, cadete e xuvenil).