Cursos de formación en rede

No BOE do martes 9 de decembro de 2014 publícase a Resolución do 18 de novembro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas para a realización de cursos de formación en rede para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis anteriores ao universitario.

Esta convocatoria ten como finalidade principal actualizar as competencias pedagóxicas e didácticas do profesorado en exercicio das distintas ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica de Educación, co obxecto de poder responder axeitadamente ás demandas da sociedade actual.
Haberá dous prazos de presentación de solicitudes: o primeiro comeza o 15 de xaneiro de 2015 para os cursos da primeira edición, e o segundo iníciase o 15 de maio de 2015 para os da segunda edición.
 

Toda a información AQUÍ