Concurso "Te toca"

A Fundación ATRESMEDIA vén de convocar a iniciativa "Te Toca!" para que mozos de 12 a 17 anos presenten as súas ideas arredor da pregunta "Como se pode mellorar a educación?". O obxectivo é dar á rapazada a oportunidade de presentar as súas propostas de mellora en dúas categorías, a de proposta persoal e a de petición ao mundo adulto, neste último caso en formato vídeo.

Ademais, a fundación elaborou un breve cuestionario, anónimo e voluntario, para coñecer as inquedanzas das mozas e mozos neste eido.

O prazo de participación estará aberto ata o 12 de maio de 2014.

Toda a información da iniciativa pode atoparse en www.tetoca.es